Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Amigos e sodomitas. A configuración da homoxesualidade na Idade Media

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 181
Idioma: Galego
Código de barras: 9788478246144
ISBN: 978-84-7824-614-4

Amigos e sodomitas. A configuración da homoxesualidade na Idade Media

Carlos Callón

Editora: Sotelo Blanco Edicións

15,00€

Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2011

Botando man dunha ampla documentación medieval (sobre todo galega), en Amigos e sodomitas explícase como entre os séculos XI e XIV se configurou o pecado-delito de sodomía, inexistente nos mil primeiros anos de historia do cristianismo.

Para analizar esta evolución da tolerancia á intolerancia, amósase a institucionalización documental máis antiga da unión entre dous homes na Península Ibérica, que se produce en Galiza no século XI (Pedro Díaz e Muño Vandilaz, 16 de abril de 1061), analízase a homofobia como arma política contra a nobreza galega que se enfronta a Afonso X e repásase a evolución dalgunhas historias moi divulgadas na Galiza medieval, como o martirio do santo galego Paio.

Obsérvanse tamén desde outro prisma moitos textos do trobadorismo galego-portugués: unha enigmática cantiga amatoria entre dous homes, a sátira contra o lesbianismo en que se fala do amor de dúas prostitutas compostelás ou os indicios dunha identidade grupal homosexual análoga á estabelecida por Michel Foucault para o século XIX.