Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2009
Nº de páxinas: 115
Idioma: Galego
Características: 13x23 | capa branda plastificada con lapelas
ISBN: 978-84-89323-36-0
O xornal na clase de Matemáticas
Editora: Alvarellos Editora
Colección: Oeste
E outros recursos para aprender cos números
Unha nova proposta didáctica para aprender –e para se divertir, a un tempo– cos números. Mediante a utilización na aula da prensa escrita e con entretidos exercicios prácticos.
O xornal como recurso pedagóxico na clase de Matemáticas foi, ata agora, moi pouco explorado, mais as súas vantaxes para o alumnado –sobre todo en Secundaria– son múltiples: conecta os rapaces e rapazas coa realidade, motiva debates sobre a actualidade, lévaos a comprender mellor o tratamento da información e as claves das estatísticas que aparecen nos xornais, finalmente, posibilita a relación de coñecementos que atinxen a varias materias.





