Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O dragón Pepón. Programa anual de estimulación da linguaxe oral

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2010
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-938283-0-1

O dragón Pepón. Programa anual de estimulación da linguaxe oral

VV.AA.

Editora: Glía Edición

65,00€

Proxecto anual de estimulación da linguaxe oral
Dirixido a nenos e nenas entre 3 e 6 anos
Inclúe guía do profesor, libro de actividades, conto e fichas


Autores: Sabela Fernández Trelles
Ana Isabel Iglésias González
Mª Eugenia Martínez Mella
Laura Pampín Ares


O dragón Pepón é un proxecto de estimulación da linguaxe oral dirixida a nenos e nenas entre tres e seis anos co obxectivo de previr e detectar posibles alteracións da fala estimulando así o correcto desenvolvemento da mesma.

O proxecto está composto por: un libro de contos, un libro de actividades, que contén a guía do profesor, e material anexo para a realización das actividades.

O material ten o conto como eixo conector, e se desenvolve no libro de actividades que é o que proporciona os mestres e as mestras as ferramentas necesarias para traballar durante todo o curso os compoñentes e prerrequisitos lingüísticos de forma lúdica e sinxela.

O dragón Pepón vai dirixido tanto aos profesionais de audición e linguaxe coma ao profesorado sen formación específica na intervención en tratamento da linguaxe, xa que a estrutura sinxela das actividades e a temporalización do proxecto permite levar á aula un proxecto da estimulación da linguaxe útil, próximo a realidade das aulas, e sinxelo de desenvolver cos alumnos.

Actividades: Discriminación autidiva, memoria e atención, respiración-sopro, praxias, fonético-fonolóxica, semántica, sintáctica, pragmática.

Contén material anexo para o desenvolvemento das actividades

 

>> descarga AQUÍ unha mostra do conto


>> descarga AQUÍ unha mostra do libro de actividades