Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné | 24x34 cm.
ISBN: 978-84-96957-79-
Constructores - Animais Extraordinarios
Ilustración: Nicolás Fernández
Editora: Faktoría K de Libros
Premio da Edición 2010 - Mellor libro de non ficción | A partir de 7 anos
Hai aves que constrúen niños sorprendentes... pola súa intrincada arquitectura, mamíferos que escavan complexas vivendas subterráneas, insectos minúsculos que erguen edificios enormes e arañas que tecen elaboradas estruturas de caza. Todos son expertos construtores que sobreviven grazas á súa habilidade...
Un libro instrutivo, ameno, ben estruturado e de gran atractivo visual, que comeza situando o lector ante os diversos grupos de reino animal, con exemplos de cada un. Por terra, mar e aire, de norte a sur, por todos os continentes, selecciona unha serie de animais e ofrece un volume de información ben dosificada sobre as súas características, localización e costumes, centrándose na súa forma de acomodarse no habitat, isto é, de construir o seu fogar.
Unha invitación aos lectores para que entren nas casas de certos animais, ás que os humanos raramente temos acceso, nen físico nen intelectual. Esta visita científica e visual polos niños, tobos e goridas máis espectaculares, permitiranos coñecer aspectos da súa que nos deberían mover emocionalmente para comprendelos, respectalos e protexelos. Esta obra, recomendada non só para o eido escolar, senón para todos os lectores interesados no medio ambiente, abriralles as portas ao fascinante mundo dos animais.
Aspectos destacables: ilustracións artísticas de gran realismo; textos asequibles para todas as idades; descrición de cada animal, información da súa vida, hábitat e estado de conservación; inclúe anexo final con fichas de cada un e glosario.





