Inicio > Libros > Didáctico > Colega 5. Comprensión e lectoescritura en galego
Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2010
Nº de páxinas: 114
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-937252-4-2
Colega 5. Comprensión e lectoescritura en galego
Editora: Glía Edición
Comprensión Lectora
Nenos infantil e primeiro ciclo de primaria
Autores: Mª Teresa Fuciños Castro
Mª del Carmen García Vila
Mª José Rodríguez Ares
COLEGA, COmprensión e LEctoescritura en GAlego, é un método de intervención educativa enfocado aos nenos e ás nenas de Infantil e 1º Ciclo de Primaria que dan os seus primeiros pasos na adquisición e desenvolvemento da lectoescritura.
Estes cadernos constitúen un recurso didáctico fundamental e teñen por obxectivo dar resposta ás necesidades educativas que xorden na práctica escolar diaria.
A súa estrutura está enfocada a un desenvolvemento progresivo e funcional, adaptándose ás características particulares do alumnado. Deste xeito resulta sinxelo traballar con aqueles nenos e aquelas nenas que progresan máis lentamente ou amosan dificultades de aprendizaxe.
O método COLEGA implica un desenvolvemento global, xa que combina a aprendizaxe do alfabeto co exercicio das habilidades previas (atención, memoria, discriminación auditiva e visual, motricidade fina...) e a adquisición dos conceptos básicos. Isto dá lugar a unha formación completa e motivadora.
O método consta de cinco cadernos repartidos do seguinte xeito:
• 3 de traballo coas letras e recursos cognitivos
Caderno 1: Letras m, p, s, l, t, d, f, n
Caderno 2: Letras b, v, ñ, ll, c, q, z
Caderno 3: Letras h, ch, r, rr, x, g, gu
• 1 máis centrado nas trabadas
Caderno 4: pr, pl, fr, fl, br, bl, cr, cl, gr, gl, tr, dr
• 1 adicado exclusivamente á comprensión lectora
Caderno 5: comprensión lectora
Para facilitar o labor do profesorado, cada caderno conta cun Anexo formado por: un glosario co vocabulario e imaxes traballadas, os ditados de cada letra e os complementos das actividades que se van a desenvolver.
A concepción das actividades cunha metodoloxía lúdica e atractiva para o alumnado supón unha aplicación práctica e autónoma. Así, os cadernos COLEGA poden ser empregados tanto como complemento e apoio aos contidos curriculares na escola, como un sistema de reforzo eficaz no fogar.





