Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1196-1981

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 344
Idioma: Inglés , Galego
Código de barras: 9788498652864
ISBN: 978-84-9865-286-4

Anthology of galician literature / Antoloxía da literatura galega 1196-1981

VV.AA.

Editora: Edicións Xerais, Editorial Galaxia
Tradución: Jonathan Dunne

25,00€

Esta antoloxía é unha obra dirixida por Jonathan Dunne e editada por Edicións Xerais de Galicia e a Editorial Galaxia, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo, na que se reúnen 55 textos de 40 autores das letras en lingua galega, desde a cantiga medieval de Mendinho, universalmente coñecida, até os textos das xeracións inmediatamente anteriores á restauración da democracia: Xosé Neira Vilas, Celso Emilio Ferreiro, Carlos Casares, Uxío Novoneyra, Xosé Luís Méndez Ferrín, etc.

Esta escolma vai precedida dunha introdución, elaborada polo propio Jonathan Dunne, na que se informa moi sinteticamente da historia desta literatura, así como se amosan os criterios de edición organizados por épocas e representativos dos diferentes xéneros literarios. Tamén se inclúe ao equipo de tradutores, 55 profesores, críticos e académicos de proxección internacional, que realizaron a selección dos textos.

En edición bilingüe (inglés-galego), a Anthology of Galician Literature, 1196-1981 nace para espallar a creación literaria en lingua galega polos grandes ámbitos académicos e profesionais onde as letras circulan: universidades, centros de estudos, lectores de lingua galega, asociacións de tradutores, críticos literarios, medios de comunicación especializados, editoras comerciais, bibliotecas e feiras internacionais.

Jonathan Dunne é un editor, ensaísta e tradutor, formado na escola da Filoloxía Clásica da Universidade de Oxford, está vencellado desde hai anos á literatura e cultura galega. É autor de libros como Even Though That e The DNA of English Language, recibiu numerosos premios polo seu traballo, e traduciu para o inglés obras de Carme Riera, Alicia Jiménez-Bartlett, Enrique Vila-Matas ou Manuel Rivas, entre outros. Na actualidade dirixe a editorial Small Stations Press.