Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Aperitivos e tapas

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2009
Nº de páxinas: 176
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-92630-41-7

Aperitivos e tapas

Mariona Quadrada

Editora: Baía Edicións

15,30€

103 receitas de aperitivos en copa, con pan e pastas e de tapas fan un percorrido pola tradición e a modernidade da cociña galega, que sempre destacou pola súa variedade e pola calidade dos seus produtos, que son protagonistas de gran cantidade de feiras e festas patronais e gastronómicas referencia ineludible para quen visita o país. A gastronomía galega tanto nas zonas do interior como nas costeiras sempre foi moi sinxela e da que galegas e galegos souberon facer tamén un sinal de identidade máis. 

Na actualidade a cociña tradicional e caseira ten un peso importantísimo, pero nas últimas décadas a aparición dunha singular xeración de profesionais, vinculados ás Escolas de Hostalaría e sen perder a conexión coa tradición, están revolucionando o seu tratamento e presentación.