Inicio > Libros > Cociña > 50 recetas con filloas
Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 122
Idioma: Castelán
Características: 18x18 | tapa blanda con solapas, plastificada
ISBN: 978-84-89323-17-9
50 recetas con filloas
Editora: Alvarellos Editora
Colección: A lume lento
Premio Nacional de Gastronomía Álvaro Cunqueiro 2008
As filloas son, quizais, o doce tradicional máis famoso da gastronomía galega. Este libro presenta, por vez primeira, un completísimo, ameno e práctico tratado culinario coa filloa como ingrediente básico.
Cincuenta receitas que demostran que as filloas de Galicia establecen unha maridaxe perfecta con todo tipo de pratos: para entrantes, cociña con carnes, peixes, e, por suposto, para un variado e suxestivo repertorio de sobremesas.
Partindo da xenuína elaboración das filloas á pedra que se mantén viva desde fai séculos no concello coruñés da Baña (na comarca de Santiago), 50 receitas con filloas recolle as mellores elaboracións presentadas nos diferentes certames gastronómicos organizados pola Asociación Filloas á pedra d’A Baña, onde participan, coas súas saborosas propostas, 30 restauradores e veciños.





