
Diario de inverno
O novelista escribe sobre si mesmo e convértese en personaxe, relexionando sobre a súa vida a través do relato dos momentos que deixaron pegada na súa imaxinación.
Contos da era do Jazz
Francis Scott Fitzgerald (1896-1940) é un dos integrantes da chamada Xeración Perdida americana, da que tamén forman parte novelistas como William Faulkner, John Steinbeck e Ernest Hemingway
Extramunde
Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos Atlántico e Índico na procura de mundos afastados
A chuvia humana
Intenso poemario bipartito, cunha primeira tarde chea de retranca e unha segunda inspirada nos lugares que marcaron o pasado do autor
Infancia de vacas mortas
Retrato poético dun mundo deshumanizado e mecanizado, dunha roda que crava o seus dentes nos soños dos máis febles.
Versos escollidos
Szymborska, nos seus versos, partindo tanto dun mínimo incidente cotián como dun feito tráxico, capta os máis sutís conflitos da alma.
Mulleres na guerrilla antifranquista galega
Durante moitos anos para elas só houbo silencio, esquecemento e tortura moral. Por iso recuperar os seus nomes, a súa voz significa darlles existencia e desvendar o papel que tiveron na resistencia antifranquista.
Cartografías do derrubo
Libro que recolle artigos de prensa de total actualidade da política, intelectual e profesora galega.
O misterioso Dr. Saa
A historia do Conde de Waldemar, ilusionista, prestidixitador e telépata
A PRAZA É NOSA. QUEN CONSTRUE A DEMOCRACIA?
Unha reivindicación radical do protagonismo político dos cidadáns fronte á partitocracia e o poder ilimitado dos mercados
Amigos e sodomitas. A configuración da homoxesualidade na Idade Media
Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2011
As Trovas de Midas
Primeira referencia publicada por esta nova editora coruñesa: un poemario ilustrado para cativos
Poemas no faiado
Baixo a ediçom de Gemma Fernández e José Serén reune uma série de poemas de diferentes autores da lusofonía
Morgana a dos ollos verdes
Nova referencia dunha interesante colección que busca a divulgación científica dende un punto de vista divertido para os rapaces e rapazas
A bolsa da pita
Unha obra orientada ó mundo da representación teatral e artística para nenos/as de infantil e primaria.
Pel & Madeira, volume II
Este libro de partituras recolle 30 pezas populares arranxadas para dúas gaitas, tambor e bombo. Inclúe dous cds coa gravación de todos os temas, que poden escoitarse separadamente por instrumentos








