Jump to: Menu | Corpo | Pe

Condicións de Compra


REALIZACIÓN DO PEDIDO

Para realizar un pedido é preciso conectarse a Toupa.net, seleccionar os produtos que se desexe e rexistrarse como usuario, a través dos formularios e as instruccións facilitadas por Toupa.net en cada paso. 

A aceptación das condicións de compra e a validación do pedido por parte do cliente supón expresamente o coñecemento e aceptación destas condicións xerais de contratación como parte da celebración do contrato. Salvo proba en contrario, os datos rexistrados por Toupa.net constitúen a proba do conxunto de transaccións realizadas entre Toupa.net e os seus clientes, que permanecerán arquivados e protexidos. O usuario poderá acceder ao seu historial de compras dende o seu panel de control, ao cal só se poderá acceder con contrasinal.

 

PRAZOS e MODOS DE ENVÍO

O prazo de recepción dun pedido é resultado de sumar a dispoñibilidade dun produto para a súa expedición (destacado na súa ficha) co tempo de entrega do servizo loxístico, unha vez que sae das nosas instalacións. No caso de realizar un pedido de varios artigos con diferentes dispoñibilidades, o prazo para a expedición terá en conta a entrega prevista máis longa. 

Se precisas un pedido nunha data concreta, podes solicitarnos información previamente á realización do seu pedido sobre este punto. 

Nalgúns produtos poderás atopar "Próximo Lanzamento". Isto indica que o produto aínda non saiu á venda e que podes realizar un pre-pedido.

Tamén poden existir artigos "Suxeito a dispoñibilidade". Nestes casos debemos consultar ao provedor se o artigo está dispoñible.

Os prazos de expedición indicados son sempre orientativos. No caso de que existira algunha ruptura de stock ou indispoñibilidade puntual dun artigo, porémonos en contacto contigo para comunicarcho de inmediato e darche un novo prazo de entrega ou, se non fose posible servirche un produto, proceder á súa anulación. En calquera caso, un retraso na entrega respecto aos prazos sinalados non dará dereito ao cliente a esixir indemnización algunha. 
 

  • Ordinario > a través de Correos > unha vez que todos os produtos estén dispoñibles nas nosas instalacións, o pedido entregarase no seu enderezo nos seguintes prazos estimados por Correos:
    - Envíos a Galicia: 2 a 6 días hábiles
    - Envíos ao resto do Estado: 2 a 8 días hábiles
    - Envíos á UE: 7 a 15 días hábiles
    - Envíos Internacionais: 7 a 45 días hábiles (recomendamos consultarnos antes de realizar o seu pedido / os envíos internacionais poden estar suxeitos a aranceis e taxas que algúns países imponen á súa recepción, as cales serán por conta do cliente ó recibilo pedido)

     
  • Urxente > só dispoñible en España, a través de TIPSA > unha vez que todos os produtos estén dispoñibles nas nosas instalacións, o pedido entregarase nun prazo máximo de 48 horas no seu enderezo. 

    No suposto de que detectases algún problema nomomento da entrega (embalaxe deteriorado, paquete aberte, produtos faltantes ou deteriorados) debes indicalo por escrito no albarán de entrega do transportista, e contactar connosco dentro das primeiras 24 horas seguintes á recepción. Non se admitirá ningunha devolución de artigo estropeado ou faltante, se non foi comunciado dentro do prazo establecido. 

     
  • Entrega Especial > Só poderás seleccionar este modo de envío baixo indicación previa de Toupa.net

 

MODOS DE PAGO

  • Tarxeta de Crédito > sen custe adicional > unha vez confirmado o pedido accederá á pasarela externa de CAIXA GALICIA para completar o pago. É importante que escribas todos os números da túa tarxeta seguidos, sen empregar espazos. Toupa.net non terá acceso aos seus datos de tarxeta bancaria, e simplemente recibiremos a confirmación de CAIXA GALICIA se o pago se realiza correctamente.  
  • PayPal > sen custe adicional > unha vez confirmado o pedido accederá á pasarela externa de PAYPAL para completar o pago. Toupa.net non terá acceso aos seus datos de PAYPAL, e simplemente recibiremos a confirmación de PAYPAL se o pago se realiza correctamente.
  • Contrarrembolso > con custe adicional >  recibirá o paquete no seu domicilio, tendo que realizar o pago no momento da entrega.
  • Transferencia ou Ingreso Bancario > sen custe adicional > Unha vez confirmado o pedido deberás realizar unha transferencia ou ingreso na conta bancaria que che indicaremos. Dado que traballamos cun stock moi axustado, só podemos manter a reserva dun pedido pendente de pago durante unha semana (7 días naturais), despois anularase automáticamente.
  • Saldo Toupa > sen custe adicional > só poderá seleccionar este modo de pago baixo indicación previa de Toupa.net

 

POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN E ANULACIÓN

Se non quedas satisfeito, podes efectuar a devolución das túas compras realizadas en Toupa.net, sempre e cando se conserven os embalaxes orixinais do produto. O prazo máximo para solicitala devolución estipúlase en 7 días hábiles dende a recepción do pedido.

Podes realizar a devolución por calquera medio fidedigno. Reembolsarémosche o importe do produto pero non os gastos de envío abonados no pedido.

No caso de produtos defectuosos de orixe ou enviados por erro, unha vez que recepcionemos o produto de volta, Toupa.net farase cargo dos gastos de envío, sempre do mesmo artigo. 

 

SEGURIDADE

En Toupa.net empregamos o sistema de encriptación SSL, que outorga total seguridade á transmisión de datos a través daa Rede, polo que os teus datos personais gozan de total confidencialidade e protección.

 

CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN e USO

Información dispoñible aquí

 

AXUDA e PREGUNTAS FRECUENTES 

Para calquera dúbida pode contactar connosco ou acceder ás preguntas frecuentes.

 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE 

Información dispoñible aquí

 

LEXISLACIÓN APLICABLE

As compravendas realizadas en Toupa.net sométense á lexislación española. En caso de incumprimento dalgunha das cláusulas deste contrato, as partes, con renuncia expresa a calquera outro foro que puidese corresponderlles, sométense á Xurisdición dos Xulgados e os Tribunais de A Coruña.

 

As presentes Condiciones Xerais de Contratación atópanse actualizadas a data 04-05-2010.