Inicio > Banda Deseñada > Revistas > Barsowia #2
Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2004
Nº de páxinas: 52
Idioma: Galego
Características: 17x24cm |
Capa en cor e interior en B/N
Barsowia #2
Editora: Polaqia
Colección: Barsowia
Capa de Alberto Guitián
O colectivo Polaqia supera o reto de editar a segunda entrega do seu fanzine Barsowia --sen demérito do seu número de debut!--. Para iso contou cunha extensa listaxe de artistas formado polos propios membros do colectivo Polaqia e algúns autores foráneos, de entre o máis selecto do panorama actual da banda deseñada galega e nacional. Con senllas capas de man de Alberto Guitián e de Santy Gutiérrez, este segundo Barsowia garda no seu interior 52 páxinas de bo cómic en galego.
A modo de exemplo, citaremos "Os versos novos do emperador", de Kike Benlloch e Diego Blanco, un suxestivo relato de ambiente retrofuturista; "der Freudenhälter" de Elfelix, dotada dunha escura atmosfera onírica; sen esquecer "O Xardín dos crisantemos" de Ken Niimura, un dos autores novos máis prolíficos e recoñecidos do panorama español; "Tebeosis aguda" unha rara (por excepcional) incursión de David Rubín no xénero humorístico; e "Historias de café" costumismo e 'funny animals' segundo Bernal. Completan a selección de autores Iván Suárez, Miguel Porto, os irmáns Hugo e Sergio Covelo, Roque Romeu, Manel Cráneo e Brais Rodriguez.





