Inicio > Banda Deseñada > Revistas > Barsowia #15
Dispoñibilidade: Suxeito a dispoņibilidade
Ano: 2010
Formato: Revista
Nº de páxinas: 88
Idioma: Castelán, Galego
Barsowia #15
Editora: Polaqia
Colección: Barsowia
Portada de Benlloch/Kohell
Unha nova entrega da revista de historietas curtas en galego de Polaqia. Con 88 páxinas e 19 autores de Galicia, España e o estranxeiro, o número 15 de Barsowia destila calidad e bo cómic en cada unha das súas historietas. Dende o mundo post-apocalíptico de Diego Blanco en “ O ladrón de zapatos” ás historias ultraterrenais de Manel Cráneo ( en esta ocasión con Kike Benlloch), pasando polo delicado mundo da creación nas respectivas historias de Hugo Covelo e Dylan Horrocks, o culto ó corpo levado ó extremo por Brais Rodríguez, as aventuras fantásticas de “Enzo” por Luis Sendón e Iván Serrano, os pequenos misterios da arqueoloxía en “ A Bicicleta” de Martín Romero ou os problemas creativos de R.E.M., un total de 14 historias agárdante trala preciosa portada que Fernando Iglesias “Kohell”, marcouse ó alimón con Kike Benlloch para este novo número de Barsowia, a máis lonxeva revista de cómic en galego.





