Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Unha parella diferente

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 32
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné 23x30 cm.
ISBN: 978-84-96957-14-5

Unha parella diferente

Daniela Kulot

Editora: Faktoría K de Libros
Participan: Marc Taeger, Pilar Martínez

15,00€

Dende os 5 anos

Un día que non tiñan nada que facer,
Crocodilo díxolle a Xirafa: 
-“Imos dar unha volta?”.
-“E onde imos?”, preguntou Xirafa, 
“a Vilacrocodilo ou a Aldeaxirafa?”.

Crocodilo e Xirafa namoráronse, construiron unha casa para os dous e emprenderon unha vida en común, que lamentablemente topou coa incomprensión dos seus respectivos semellantes. Senllas visitas ao Barrio Crocodileiro e ao Barrio Xirafero deixáronlles unha desagradable impresión de como os demais valoraban a súa relación. Esta peculiar e entrañable parella padecía as miradas, as burlas e os murmurios dos seus conveciños, grandes e pequenos.

E malia todo, sen importarlles as críticas alleas, os protagonistas non o pensaron dúas veces cando un  repentino percance puxo en perigo a unha familia. A altura de Xirafa e a habilidade de Crocodilo salvaron vidas e demostraron que a cooperación e a solidariedade son os alicerces da boa convivencia, por riba de calquera diferenza.

Un libro que, ademais de valores, tamén destila bo humor, tanto no que respecta ás ilustracións, como ao texto, con simpáticos xiros lingüísticos: o “xiradrilo-móbil” no que se desprazan Crocodilo e Xirafa é un bo exemplo de fusión entre especies. 

“Unha parella diferente” forma parte dunha serie á que pertencen os títulos “Crocodilo namorado” e “Unha casa a medida”, publicados por FAKTORÍA K. 

■ Temática: o amor e a parella
■ Aspectos destacables: a aceptación das diferenzas, a tolerancia e a convivencia, o respecto aos demais, a superación das dificultades, os sentimentos