Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Nº de páxinas: 32
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné
23x30 cm.
ISBN: 978-84-935122-9-3
Unha casa a medida
Editora: Faktoría K de Libros
Participan: Marc Taeger, Pilar Martínez
Dende os 5 anos
Esta é Xirafa. Xirafa é moi alta. Este é Crocodilo. Crocodilo é moi baixiño. Entre eles hai moita diferenza: máis de dous metros. Pero, a pesar disto, son parella: unha parella de namorados.


Os protagonistas deste relato son unha atípica parella de namorados que vencen -a base de enxeño e un chisco de humor- as dificultades que lles plantexa a convivencia. Porque as trabas que poden supoñer uns cantos centímetros de diferenza de estatura entre ámbolos dous son ampliamente superables coa forza do cariño. Unha das primeiras probas que han de superar é atopar unha casa para os dous, cómoda para as súas respectivas necesidades. A solución, deseñala a medida...
Tras “Crocodilo namorado”, FAKTORÍA K presenta este segundo título dunha serie de álbumes protagonizados polos personaxes de Crocodilo e Xirafa.
■ Temática: o amor e a parella
■ Aspectos destacables: a aceptación das diferenzas, a tolerancia e a convivencia, o respecto aos demais, a superación das dificultades, os sentimentos





