Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2011
Nº de páxinas: 48
Idioma: Galego
Código de barras: 9788498712421
ISBN: 978-84-9871-242-1
Os sete irmáns chineses
Ilustración: André da Loba
Editora: OQO
A partir dos 3 anos
Os sete irmáns chineses… eran seis.
Aínda que, ao principio desta historia, só había cinco.
Vivían preto do mar.
Ninguén os podía distinguir, porque eran todos iguais.
Para non confundirse,
súa nai chamáballes Li a todos.

Ao contrario do que puidese facer pensar o inicio do relato, esta historia da tradición oral chinesa reforza a mensaxe de que, afortunadamente, non hai dúas persoas iguais. Asemade, lémbranos que todos temos capacidades ou habilidades que nos confiren unha personalidade propia e intransferible.





