Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Oh, as cores!

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2010
Nº de páxinas: 32
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484647379
ISBN: 978-84-8464-737-9

Oh, as cores!

Jorge Luján

Ilustración: Piet Grobler
Editora: Kalandraka

14,00€

A partir de 6 anos

Distinción The White Ravens 2009 seleccionado pola Junior Library Guild

"O beixe adormiñou na area de tanto que o arrolou a marea."

Jorge Luján repasa a gama cromática con pequenos poemas, asociando cada cor a elementos da natureza, emocións ou sensacións. Os suaves e fluidos versos sobre a azul expansión do ceo, o branco vestido da noite ou os froitos da laranxeira brilando como pequenos soles parecen lixeiros e fráxiles. Textos suxerentes e apelativos, misteriosos e sorprendentes para  conmover os lectores a través da palabra, nunha especie de atmosfera íntima non exenta de chiscadelas de humor. Así de  delicadas, e cun gran poder suxestivo, son as ilustracións en acuarela de Piet Grobler. Colocados contra os fondos de cores  fluintes e pintadas con pincel groso, poden atoparse filigranados animais, prantas e obxectos: pequenos paxaros e peixes, diminutas bolboretas, flores ou o remo dunha barca, parecen flotar nestas páxinas. Poemas e pinturas xuntos forman un ‘todo’  harmonioso e crean moito espazo para admirar e para soñar.