Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Nº de páxinas: 40
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-9871-327-5
O que ten que aprender un cempés que queira ser sabio como Perico
Ilustración: Francesca Chessa
Editora: OQO
De 3 a 7 anos
Perico estaba nervioso porque ía ir á escola por primeira vez. Ao cantar o galo, saltou da cama e, un por un, calzou os cen zapatos, puxo o chapeu, colocou as lentes, e saíu correndo. Pero... ai! chegou tan tarde que xa se foran todos. E isto non lle pode pasar a un cempés que queira ser sabio!

O primeiro día de colexio é sempre un momento importante para os máis pequenos, unha nova aventura na que se combina a expectación, o nerviosismo, o afán por descubrir tantas cousas novas... Nesta historia, Perico está ansioso por aprender, pero non é quen de organizar a súa loxística diaria (vestirse, lavarse, calzarse...) para chegar a tempo á escola.
Diante da dificultade, o pequeno cempés decide pedirlle axuda á gata e á araña que, malia lle daren sabios consellos, non conseguen resolver o problema. Finalmente serán as formigas, nas que Perico non confiaba nun principio, as que lle axuden a atopar a solución.ayuden a encontrar la solución.

A aventura de Perico, para a contadora e maga Mercedes Carrión, é unha historia de “superación e crecemento persoal”. O protagonista, que xa é sabio desde o momento en que asume o seu problema e decide poñer todos os medios para solucionalo, ten moi claro o seu obxectivo e non desiste no seu empeño. Esa constancia é a que o levará a resolver, grazas á colaboración e o apoio doutras olladas, a dificultade para chegar a tempo á escola.





