Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-15250-05-0
O peixe vermello
Editora: Faktoría K de Libros
Participan: Carlos Heras
A partir dos 6 anos
O avó de Ramiro era o encargado dunha biblioteca moi antiga que había no medio do bosque. Un día, Ramiro acompañou o seu avó e levou consido o seu amigo, o peixe vermello. Era a primeira vez que o neno entraba na biblioteca e estaba abraiado por aquelas enormes salas cheas de libros. Mirou todos e cada un dos estantes e non deixou ningún curruncho sen explorar...
É posible que un peixe desapareza dentro dun libro? É posible que un neno se mergulle nun libro para salvar a un peixe? Cando un neno e un peixe entran nunha biblioteca no medio dun bosque, calquera cousa pode acontecer. A difusa fronteira entre a realidade e a ficción está presente neste álbum de coidada edición e fermosa proposta estética, con tonalidades ocres a base de tintas e pluma, onde destacan as pinceladas vermellas dos elementos que centran a atención da historia. Son ilustracións estimulantes que case non precisan palabras.






