Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de O ano que os pitos perderon a cabeza

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 40
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-9871-329-9

O ano que os pitos perderon a cabeza

Pablo Albo

Ilustración: Mikel Mardones
Editora: OQO

14,90€

De 8 a 12 anos

Sempre se dixo que, se na noite de defuntos hai lúa chea, o primeiro raio da súa luz, alá onde caia, devolveralles a vida aos mortos. Unha vez pasou, e o primeiro que iluminou a lúa foi a leira de millo do señor Evaristo. Bernaldo, cando ninguén o vía, deulles as mazarocas afectadas aos polos que ían cara ao matadoiro. A partir de entón, aconteceron na vila cousas moi estrañas.

Despois do solpor, os corpos mortos dos pitos, enteiros ou en anacos, paseaban tan pimpantes polas rúas, sementando o temor, o desconcerto e, finalmente, a vergoña entre os veciños.
Nin o carniceiro cos seus coitelos nin o cura cos seus sermóns deron normalizado a situación. Só unha foránea moi particular, feiticeira de galiñas, foi quen de escorrentar os cadáveres viventes, nun claro paralelismo co frautista de Hamelin que desemboca nun final sorprendente.

O humor é a ferramenta máis útil para superar o medo e quitarlles ferro aos temas difíciles (como a morte). O narrador oral Pablo Albo presenta unha disparatada e surrealista aventura de zombis protagonizada pola comunidade avícola dunha vila imaxinaria, Matamala, que forma parte do seu repertorio máis celebrado para mozos e adultos. Esta historia, delirante e irreverente, burla toda convención sobre a vida e o máis alá, para mergullarnos nunha gargallada de inicio a fin.