Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2003
Nº de páxinas: 40
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484641834
ISBN: 84-8464-183-X
Non é fácil, pequeno esquio
Ilustración: Rosa Osuna
Editora: Kalandraka
A partir de 5 anos
O esquío vermello estaba triste.
Sentía unha pena moi fonda porque a súa nai morrera,
e pensaba que nunca máis sería feliz.

A primeira vista, pode parecer que con esta proposta literaria e artística, os lectores infantís sintan certo desasosego; pero ao igual que lle sucede ao pequeno esquío, os nenos perciben dun xeito natural a experiencia da morte. E buscan respostas. A distancia que aporta a fantasía resulta básica para axudarlles a entender a perda dun ser querido. Estamos ante un álbum serio e intelixente, cun enfoque estético harmónico e sereno. Trátase dunha historia chea de tenrura e delicadeza, que abre as portas dun tema profundo e de tratamento necesario, dando suxerencias abertas e tranquilizadoras sobre a continuidade da vida.





