Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2010
Nº de páxinas: 32
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné.
Ilustracións en cor. 22x22 cm.
ISBN: 978-84-8464-729-4
Fálame
Ilustración: Chiara Carrer
Editora: Kalandraka
Participan: Xosé Ballesteros
A partir de 6 anos
Sara é así. Fica inmóbil durante horas, non fala, non oe, non mira, non quere xogar... a nada. Viaxa e vaga polos seus pensamentos, non sabemos como, e moito menos por onde, vive no interior do seu mundo e mais nada, solitaria....
“Fálame” é unha aproximación poética e cercana ao fenómeno do autismo. O narrador ou narradora conta en primeira persoa como é a súa irmá: evoca a súa presenza enigmática, describe o seu cambiante estado de ánimo, expresa as súas emocións e sentimentos hacia ela, o tipo de relación que a une ao conxunto da familia... A comunicación e a comprensión mutua non son tarefa doada, pero nada é comparable á singularidade de Sara.
As ilustracións superpóñense sobre papel pintado; son trazos, debuxos, sombras, figuras que se aplican a modo de collage sobre superficies con textura. Transmiten visualmente o que o texto expresa de forma literaria: abstracción, ausencia, afecto, misterio, soidade, pánico, tenrura, enfado...
KALANDRAKA volve abordar o mundo das persoas con necesidades educativas especiais; neste caso, dende o punto de vista dun familiar directo que comparte vivencias e inquietudes.





