Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Crocodilo namorado

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 32
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné. 23x30 cm.
ISBN: 978-84-935122-4-8

Crocodilo namorado

Daniela Kulot

Editora: Faktoría K de Libros
Participan: Marc Taeger, Pilar Martínez

15,00€

A partir de 5 anos

Hai días que Crocodilo está inquedo.
Ás veces ten frío, ás veces ten calor,
ás veces está moi triste...
O que lle pasa é que está namorado...


Este título é o primeiro dunha serie de álbums protagonizados por Crocodilo e Xirafa, dous personaxes que se namoran e forman unha parella peculiar. Aparentemente, a súa relación pode resultar un tanto complicada porque a diferenza máis notable entre eles é a estatura. Pero é aí onde Crocodilo emprega toda a súa maña, co obxectivo de facerse notar para chamar a atención de Xirafa.

Así, sucédense situacións cheas de humor coas que Crocodilo procura que ámbolos dous se atopen para que Xirafa poida percibir o seu interese por ela. Pero o azar empéñase en frustrar ese cruce de miradas e sorrisos necesario para que xurda a chispa do amor.

Un libro sobre un sentimento universal, que explica cunha linguaxe sinxela e cercana o torrente de sensacións e emocións que se producen en quen se namora. Destaca por abordar este tema desde un enfoque global, que parte de situacións cotiás.

Nunha sociedade onde se procura a integración de razas, culturas, crenzas, e onde son cada vez máis habituais novos tipos de familia, este álbume transmite unha mensaxe fundamental: non é cuestión de altura, peso, idioma ou cultura; cando irrompe o amor, todas as barreiras son superables.

Dende o punto de vista estético, Daniela Kulot atrae a atención dos lectores cun estilo que reborda dozura e colorido. A serie de Cococrilo e Xirafa continúa cos álbums titulados “Unha casa a medida”, “Unha parella diferente” e “Unha familia normal”.

■ Temática: o amor e a parella
■ Aspectos destacables: o colorido das ilustracións; reflexión sobre o amor, que trascende barreiras, e sobre a aceptación das diferenzas; a parella e a familia.