Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Críptor

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484647645
ISBN: 978-84-8464-764-5

Críptor

Tomi Ungerer

Editora: Kalandraka
Participan: Silvia Pérez Tato

15,00€

A partir de 7 anos

Era unha vez unha pequena vila francesa onde vivía unha señora maior chamada Madame Louise Bodot. Ela tiña un fillo que estaba en África estudando os réptiles. Unha mañá, o carteiro tróuxolle un paquete moi estraño con forma de O.

Aplicando altas doses de orixinalidade e sentido do humor, Tomi Ungerer converte unha enorme serpe na fiel mascota dunha adorable anciá. “Críctor” resulta da insólita mestura entre o exotismo africano e a exquisitez da sociedade francesa decimonónica, aderezada con ironía e surrealismo. Este laureado clásico de 1963 conserva toda a súa frescura para seguir cautivando a novas xeracións de lectores.

Lonxe de atemorizar, Críctor é unha boa dócil que Ungerer humaniza e descontextualiza ata extremos sorprendentes, con ilustracións detallistas, salpicadas de suaves tons verdes: dende vestila e facela estudar no colexio, ata levala tomar un refresco ou pasear por un parque nevado. Un acto heroico convertiráa nun  personaxe célebre e admirado por toda a cidadanía.

Cunha pouca imaxinación, velaquí un firme candidato ao título de “mellor amigo do home”.