Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Nº de páxinas: 160
Idioma: Galego
Código de barras: 9788484647591
ISBN: 978-84-8464-759-1
Contos por teléfono
Ilustración: Carlos Acevedo
Editora: Kalandraka
A partir de 7 anos
Era unha vez...
... o Sr. Bianchi, de Varese. Era representante de comercio e seis de cada sete días pasábaos viaxando por toda Italia, do leste ao oeste, ao sur, ao norte e polo medio, vendendo medicamentos. O domingo volvía á casa, e o luns pola mañá marchaba outra vez. Pero antes de partir, a filla dicíalle: «Por favor, papá: cada noite, un conto».

Os 70 relatos deste libro maxistral son alfaias da literatura breve, exercicios de imaxinación a raudais adobiadas de sentido do humor e surrealismo. Uns beben das fontes de clásicos como a Alicia de Carroll ou inspíranse nos contos tradicionais; outros presentan personaxes novos ou obxectos inexistentes nomeados con palabras inventadas. Gianni Rodari xoga coa sonoridade da linguaxe, practica unha escrita metafórica de frases curtas e directas coa que potencia a oralidade.
Combinando historias intrigantes, ledas, entrañables ou tristes, “Contos por teléfono” tamén reivindica a liberdade, rexeita a guerra, e activa a reflexión por parte dos lectores. Sería moi complexo escoller un favorito, porque todos son cativadores, frescos e cun final do máis sorprendente.
As ilustracións de Pablo Otero -pintura acrílica sobre lenzo- destacan polo seu valor simbólico, a proliferación de formas e figuras xeométricas, e o protagonismo da cor. Cunha estética ‘rodariana’, mesturan onomatopeas, dobres sentidos, caricaturas e refinados códigos visuais, cun vistoso resultado.





