Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2009
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Código de barras: 9788498711561
ISBN: 978-84-9871-156-1
Cocorico
Ilustración: Helga Bansch
Editora: OQO
A partir de 3 anos
Cocorico é un pitiño que vive feliz coa súa nai.

Un día que Mamá Galiña vai facer biscoito, o pitiño ofrécese a ir pola leña para acender o forno. Cando está en plena faena, aparece un gato enorme e malvado que o quere devorar. De milagre, Cocorico salva a vida porque lle promete que lle dará a metade da merenda. Mais, unha vez pasado o perigo, o lambón de Cocorico esquece o trato e come o biscoito enteiro. A mamá anóxase: vai vir Gato Pelado e vaite comer dun bocado! Nisto escoitan un ruído na porta: É Gato Pelado reclamando a súa metade de biscoito…

Adaptación libre dun conto tradicional birmano co que os máis pequenos aprenden a compartir, a cumprir as promesas e a escoitar os consellos.





