Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 2009
Nº de páxinas: 40
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné. 22x22 cm A partir de 5 anos
Código de barras: 9788484646129
ISBN: 978-84-8464-612-9

Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis

Chema Heras

Ilustración: Kiko da Silva
Editora: Kalandraka
Colección: Demademora

13,00€

-Os Reis non entran nas casas dos nenos que non estan durmidos! -espetoulle o pai.
-Entón voume deitar cedo –aceptou o cativo.
…No medio e medio da noite, Martiño espertou coas ganas de mexar...

“Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis” é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial.

A narración, chea de enxeño e humor, desvela a inxenuidade e a complexidade do maxín infantil. As ilustracións destacan pola súa forte expresividade e fan deste álbum un dos preferidos nas bibliotecas dos cativos.