Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Cando chove

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Código de barras: 9788415250289
ISBN: 978-84-15250-28-9

Cando chove

Leire Salaberria

Editora: Faktoría K de Libros
Participan: G. Tolentino

13,00€

A partir de 7 anos

V premio Etxepare de Álbum Infantil Ilustrado en Éuscaro

Cando chove...
O meu can métese en todos os charcos do paseo.
Chega á casa coas catro patas e o fociño manchados de lama, contento, movendo o rabo.
Mamá cólleo do pescozo e méteo no lavabo ata que sae branco outra vez...

Un álbum poético que plasma a realidade cotiá con outra ollada distinta, porque as nubes e a choiva que soen identificarse coa tristura e co mal humor, enfócanse con optimismo e fantasía: paraugas de cores que se mesturan nas rúas, caracois que festexan a humidade, árbores que reverdecen... A pequena narradora deste libro naïf goza dos días chuviosos porque o seu pai
lévaa á escola en coche, chapotea coas súas preciosas botas e pesca peixes imaxinarios nos charcos.

A composición xoga co equilibrio entre texto e ilustracións. O lirismo do relato, o ambiente máxico que envolve palabras e imaxes, empatizan e conmoven os lectores. E malia a luz escasa e tenue deses días chuviosos, a autora non renuncia a impregnar de colorido e de contrastes as páxinas desta obra, que transmite ledicia e invita a pórlle ao mal tempo, boa cara.