Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de A viaxe de Olaf

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 48
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-8464-769-0

A viaxe de Olaf

Martín León Barreto

Editora: Kalandraka
Participan: Manuela Rodríguez

13,00€

A partir de 5 anos

IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado

Olaf vivía nun planeta moi, moi pequeno.
Nunha casa moi, moi grande.
Un bo día, aburrido, Olaf saíu a camiñar… e camiñou!
Olaf camiñou e camiñou, e un peixe que tiña a cola do revés
atopou.
–Vés comigo? –preguntoulle.
E como non dixo que non…

O protagonista deste relato acumulativo de estrutura repetitiva e circular é unha sorte de Principiño que, farto da soidade, emprende un camiño iniciático. Diversos animais fantásticos -de inspiración mítica e valor simbólico- vanlle facendo compaña e conformando un grupo heteroxéneo e compacto: o peixe que tiña a cola do revés, o cabalo alado, o tigre arco da vella, o  elefante elegante...
“A viaxe de Olaf” destaca pola profusión de colorido e pola harmonía coa que Martín León Barreto combina gamas cromáticas. Son ilustracións de formas xeométricas dotadas de movemento e dinamismo, e integradas como pezas dun complexo  rebacabezas faunístico.
A obra gañadora do IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka, axústase a un esquema baseado nos contos tradicionais: rimas, xogo de contrarios, diálogo reiterativo, oralidade...
Olaf fainos partícipes dunha aventura a través do día e da noite, sobre a amizade e a xenerosidade.