Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de A que sabe a lúa?

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 1999
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Características: Encadernado en cartoné 19,5x29 cm
ISBN: 978-84-8464-625-9

A que sabe a lúa?

Michael Grejnie

Editora: Kalandraka
Participan: Carmen Barreiro

15,00€

A partir de 5 anos
Inclúe póster medidor!

Había moito tempo que os animais andaban a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada? Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo. Estarricábanse e estiraban o pescozo, as pernas e os brazos, tentando collela... 

Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha idea xenial: “Se sobes ao meu lombo, poida que cheguemos onda ela”, díxolle ao elefante.
Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inacadables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación.

Unha axuda mutua da que son partícipes os máis variados animais: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león... Ata que, finalmente, un deles, o máis pequeno de todos...

E así, a medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrécelle ao lector unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e soños compartidos; cun chisco de humor, o que aporta unha lúa sorrinte, burlona e algo saltareina.
 


 

“A que sabe a lúa?”, escrito e ilustrado polo autor e ilustrador polaco Michael Grejniec, é un libro especialmente recomendado para primeiros lectores. Basea a súa estrutura nas repeticións e na acumulación de personaxes, un recurso moi frecuente na literatura tradicional. Esta obra invita a ser contada, conseguindo unha gran participación entre lector e receptor. 

Dende o punto de vista estético, as ilustracións destacan polo seu estilo sinxelo e cálido, ao que contribúe o soporte sobre o que están realizadas, en papel-couché. A distribución das imaxes e do texto, sobre fondo branco, proporciona un gran equilibrio que potencia o efecto artístico do libro.