Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2011
Nº de páxinas: 36
Idioma: Galego
Código de barras: 9788498713237
ISBN: 978-84-9871-323-7
A min non me comas!
Ilustración: Vitali Konstantinov
Editora: OQO
Participan: Laura Rubio
A partir de 3 anos
Era unha noite sen lúa…
O reloxo daba a UNHA… DONG!
De pronto, Mateo espertou asustado. Escoitara un ruído detrás da porta, onde estaban colgados os abrigos.
Mirou cara a alí, pero só viu unha sombra…
Abriu moito os ollos, sen pestanexar, e a sombra transformouse nun… MONSTRO!

—Teño medo, mamá.
Detrás da porta hai un monstro vermello
que me quere comer.
—Acouga, Mateo. Quedarei contigo,
pero os monstros non existen.

En A min non me comas!, Margarita del Mazo inspirouse nas súas propias vivencias, concretamente no desacougo que lle producía a escuridade cando era pequena. Neste álbum, os nenos amedrentados por este ou outros temores poderán comprobar, aliviados, que non son os únicos para quen as sombras se converten en famentos monstros, tal e como lle sucede ao protagonista.





