Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de El Héroe (Vol. 1)

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 280
Idioma: Castelán
ISBN: 978-84-15163-11-4

El Héroe (Vol. 1)

David Rubín

Editora: Astiberri

25,00€

David Rubín revisita a historia de Heracles desde o seu nacemento mostrando baixo un novo e ambicioso prisma, unha a unha, as doce probas que realizou. Na primeira entrega de El Heroe, das dúas que terá, o autor ourensán aúna épica e reflexión para expor un cómic-río de coidada posta en escena, espectacular narrativa e desbordante tratamento da cor.

O heroe é un cómic superheroico sen mallas, capas ou máscaras de brillantes cores, pero que mostra a unha icona popular desde unha perspectiva máis humana, que o fai máis vulnerable, cunha trama que está poboada tamén de multitude de personaxes mitológicos, de Euristeo a Hera, pasando polo barqueiro Caronte, entre moitos outros, todos eles reseteados, tratados e mostrados desde unha óptica diferente ao visto até agora: "É a miña homenaxe ao xénero que me gañou para a causa dos cómics", precisa o debuxante.

Hai espazo para longas secuencias de acción, que xa supoñen de seu un reto porque Rubín evita repetir recursos, experimentando coa planificación e o ritmo de lectura. Ditas secuencias dinámicas altérnanse con outras máis pausadas, reflexivas e intimistas, que van dando pistas a contagotas dos porqués, das personalidades e da complexidade de cada un dos personaxes que poboan este universo de ficción.

O creador galego recoñece que é o cómic máis arriscado e persoal no que se embarcou até a data tanto pola súa envergadura como pola súa mestura de xéneros e de puntos de vista dentro da mesma obra, "que é o que máis me atraeu á hora de elixir definitivamente este como o meu novo proxecto en lugar doutros nos que estaba a traballar e tiña máis avanzados".

"Prudencia, capacidade de renovación, honestidade, fortaleza e valor son factores determinantes que David Rubín demostra facer seus para superar con nota a interesante revisión que dos mitos fai no heroe." Paco Roca