Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2009
Nº de páxinas: 80
Idioma: Castelán
Características: Capa a cor, interiores B/N, rústica con solapas
El corazón de los árboles
Editora: Polaqia
El corazón de los árboles é a esperada nova obra de Miguel B. Núñez. Oitenta páxinas repletas de misterios e poesía, protagonizadas por unha extensa galería de personaxes en grao sumo bizarro aos que o autor sabe dotar de proximidade, forza e, principalmente, orixinalidade, envolvidos por un grafismo minucioso, intelixente e elegante.
Unha novela gráfica editada por Polaqia na súa colección Rompehielos cuxa lectura é unha chuvia de imaxinación e sorpresas páxina tras páxina; recompilando por vez primeira un extenso compendio das máis recentes historias curtas realizadas por este autor.





