Dispoñibilidade: Suxeito a dispoņibilidade
Ano: 2005
Nº de páxinas: 176
Idioma: Castelán
ISBN: 978-84-96815-46-9
El circo del desaliento
Editora: Astiberri
El circo del desaliento é a primeira novela gráfica reflexo dunha sólida traxectoria xa como debuxante de David Rubín, punta de lanza dunha nova fornada de creadores galegos. Con prólogo e epílogo de Miguelanxo Prado e Carlos Portela, respectivamente, abre o volume 'Onde ninguén pode chegar', unha intensa historia longa e inédita, que ten continuación nunha serie de relatos curtos realizados para a ocasión, xunto con outros xa prepublicados previamente en distintas revistas.
Rubín apóiase no personaxe do superheroe para desenvolver unhas historias que beben das súas preocupacións e das súas persoais experiencias, onde está moi presente a poética do perdedor tamizada en ocasións por certo optimismo vital que deixa algún oco á esperanza.
"Rubín manexa acertadamente os cambios de velocidade da narración, sabe pausarla cando non ten sentido que sexa trepidante, e sabe acelerala cando é necesario. E sabe facer calar aos personaxes e deixarnos ouvir o que non está escrito, como os estados de ánimo ou a auga dunha bañeira marchando polo desaugadoiro, sen necesidade de utilizar unha onomatopeya" Miguelanxo Prado





