Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Novas Aventuras de Dick Turpin

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 208
Características: Formato 17 x 24 cm Encadernación cartoné
ISBN: 978-84-93104-3-6

Novas Aventuras de Dick Turpin

Víctor Mora

Editora: El Patito Editorial

18,00€

Volume que pon a disposición dos lectores a serie de dezaseis entregas, creada na década dos setenta por Víctor Mora (Barcelona, 1931) e Santiago Martín Salvador (Madrid, 1935).

Inspirándose nas dimensións lendarias que adquiriu, xa entre os seus contemporáneos, a vida real do bandoleiro e salteador inglés do século XVIII Richard Turpin e as súas recorrentes falcatruadas contra os poderosos que ousaban atravesar o bosque de Epping, Mora escribe unhas aventuras orixinais debedoras do espírito adquirido polo personaxe en distintas creacións literarias e adaptacións cinematográficas de gran popularidade.

Pola súa parte, Martín Salvador desprega o seu talento no que atinxe á planificación das páxinas, á esmerada ambientación das aventuras e ao atuendo do afouto e arteiro espadachín. Unha interesante e coidada recuperación de todo un clásico, instalado no imaxinario dunha xeración de afeccionados aos cadernos que recollían as aventuras deste heroe enmascarado, quen de seducir tamén aos lectores de hoxe en día.