Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Nómades

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 80
Idioma: Galego
Características: Capa dura
Código de barras: 9788498653922
ISBN: 978-84-9865-392-2

Nómades

Xosé Tomás

Editora: Editorial Galaxia

16,00€

Literatura e debuxo danse a man neste libro fermosamente traballado polas artistas mans de Xosé Tomás, de tal maneira que se converte nunha experiencia estética completa.

As mulleres de NÓMADES son persoas que o arriscan todo para cruzar o mar polo futuro dos seus fillos; mozas e mozos que se prostitúen para enviar diñeiro á casa, coa aceptación tácita das súas familias, que "non preguntan"; mulleres que adquiren unha cualificación profesional e académica e que chegan a situarse comodamente na sociedade, pero sen que por iso sexan de todo aceptadas; anciás que se equivocan ao emigrar, porque xa é tarde para acadar a integración; empregadas do fogar sen papeis que non inspiran nin mágoa, porque son, no fondo, un problema económico e legal; e nenas que se integran, que se abren camiño con normalidade na nova sociedade e borran toda pegada dun pasado de dor e indefensión.