Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Lois Pereiro. Breve encontro

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Nº de páxinas: 160
Idioma: Galego
Código de barras: 9788499142517
ISBN: 978-84-9914-251-7

Lois Pereiro. Breve encontro

Jacobo Fernández

Ilustración: Jacobo Fernández
Editora: Edicións Xerais
Participan: Lois Pereiro

15,00€

Un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra de Lois Pereiro, o poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011.

Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica “non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo”.