Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Astérix: O fouciño de ouro

Dispoñibilidade: 5-7 días

Ano: 1998
Nº de páxinas: 46
Idioma: Galego
Código de barras: 9788482881843
ISBN: 84-8288-184-1

Astérix: O fouciño de ouro

René Goscinny

Ilustración: Albert Uderzo
Editora: Editorial Galaxia

10,80€

Na apracible e independente aldea Gala todos vivían felices e tranquilos. Un día, esta tranquilidade viuse crebada polos desgarradores berros do druída Panorámix. Rompéraselle a súa fouce de ouro e sen ela non podería concorrer ao encontro anual de druídas que se celebraría dentro de poucos días no bosque dos carnutes, pois para que o visgo tivese poderes máxicos debía ser cortado cunha fouce de ouro. Panorámix só usaba fouces fabricadas por Gadáñix, que vivía na afastada Lutecia.

Astérix e Obelix ofrecéronse para ir até Lutecia a comprarlle ao druída unha fouce de ouro para que puidese asistir á reunión anual dos carnutes. O camiño era perigoso pois estaba cheo de bosques infestados de bárbaros e bandidos... comeza a aventura...