Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2002
Nº de páxinas: 48
Idioma: Galego
Código de barras: 9788483027721
ISBN: 84-8302-772-0
A retirada de Sir John Moore
Ilustración: Pepe Carreiro
Editora: Edicións Xerais
Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operan na península, decide retirarse á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército.
Teixugo, un arrieiro galego que anda nese momento por terras leonesas, dá de fociños con ambolos dous exércitos, o inimigo francés e o aliado británico, que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta.
Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna á Galicia e únese ao abade da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros. O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a igrexa ten, como se sabe, o dez por cento neses negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é quen de se impor a exércitos tan potentes.
Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter mesmo no fragor da batalla de Elviña.





