Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2007
Formato: DVD
Idioma do audio: Castelán, Galego
Características: 15 DVDs
Código de barras: 8437008642000
Ref.: IB0000
Colección Gallaecia Cinema
Produtora: IB Cinema
Colección: Gallaecia Cinema
15 DVDs
Está colección de DVD é unha oportunidade única de adquirir quince dos títulos máis significativos do cine galego.
Dende grandes producións como “Mar Adentro”, hasta documentais sobre figuras como o cantante “Pucho Boedo”. “Gallaecia Cinema” conta coas mellores coproducións feitas en Galicia polas principias empresas do sector galego: Voz Audiovisual, Filmanova, IB Cinema, Formato, Adivina, Filmax ou Vici Pc.
A selección de “Gallaecia Cinema” ademáis de ter un prezo moi asequible, conta con títulos destacados coma o filme de animación “O Soño dunha Noite de San Xoan”; o documental “As Encrobas, a Ceo Aberto” sobre o famoso conflicto dos anos 70 pola creación da mina de Meirama; “O Agasallo de Silvia”; o documental “Pucho Boedo” dirixido por Xurxo Souto e producido por Voz Audiovisual; “Romasanta, a caza da besta”, filme de terror filmado na Fonsagrada e que conta a historia do “lobisome de Allariz”; “Sara” dirixido por Silvia Quer e que conta unha historia sobre unha muller maltratada; o filme de animación da factoria Filmax “Gisaku”; a película que por primeira vez se edita en DVD “Galego”, que conta a historia dos emigrantes galegos a Cuba; a longametraxe documental “A Casa da miña Avoa” multipremiada película producida pola productora galega IB Cinema e dirixida por Adán Aliaga; o filme “Lena” dirixido polo asturiano Gonzalo Tapia e producido por Filmanova, rodada na cidade de Vigo e cos actores galegos Manuel Manquiña e Marta Larralde; "Divertimento” de José García rodado no teatro Jofre de Ferrol e cunha das últimas actuacións maxistrais de Paco Rabal e Federico Luppi; un documental sobre o camiño de Santiago “O Camiño, a Orixe” dirixido por Jorge Algora con algunhas das mellores imaxes da ruta Xacobeo nunca filmadas; e por último dous filmes nunca editados en DVD “A Lei da Fronteira” de Moncho Armendáriz, con Federico Luppi, Achero Mañas ou Aitana Sánchez Gijón, e “Blanca Madison” do galego Carlos Amil, e cun elenco de luxo encabezado por Mario Gas e Rosa María Sarda.





