Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2009
Formato: DVD
Idioma do audio: Galego
Código de barras: 8436039067844
Ref.: CF-003
Quince maios
Produtora: Corda Frouxa
Quince anos pasaron xa dende a primeira vez que Fía na Roca subiu a un escenario. Moito ten cambiado dende entón, mais a idea orixinal de Fía na Roca, o proxecto que buscaba traballar coa música tradicional galega, actualizándoa, dándolle novos aires, achegándoa á modernidade, permanece intacto.
Toda a súa evolución quedou plasmada, o pasado 30 de xuño de 2008 no Teatro Principal de Santiago de Compostela, nun concerto moi especial; unha celebración dos quince anos de traballo, de esforzo e de música, que sae agora en DVD baixo o nome de Quince Maios, e que pretende amosar como é o grupo na actualidade e como toca en directo: unha instantánea do Fía de hoxe en día, despois de 15 anos de camiño.





