Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Ovay

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2009
Formato: CD+DVD
Idioma do audio: Galego
Código de barras: 8436030492751
Ref.: FAL645

Ovay

Quique Peón, Xosé Lois Romero

Produtora: Falcatruada

20,00€

Ovay dinlle os canteiros ao ousado que encara o perigo sen vacilar, ao que reclama orgulloso o que é seu e dos seus. É a valentía de enfrontarse á propia evolución, de reivindicar a identidade cultural renovada. E é o que nos trae Quique Peón coa gravación do seu espectáculo “Ovay”. Trinta anos de investigación etnográfica de Galicia, coa teima de explorar as múltiples posibilidades dos movementos tradicionais da escena moderna, permiten ao director e bailarín achegarse ao equilibrio maduro entre o enxebre e o depurado, a forza e o sosego, o urbano e o tradicional, o masculino e o feminino. A dirección musical é de Xosé Lois Romero.