Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Pradolongo

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2007
Formato: DVD
Idioma do audio: Galego
Idioma dos subtítulos: Castelán, Inglés , Portugués, Catalán, Euskera, Francés
Características: 100 minutos Formato: 16/9 (compatible 4/3) Cor
Código de barras: 8436030491907

Pradolongo

Ignacio Vilar

Produtora: Vía Láctea Filmes
Actores: Tamara Canosa, Rubén Riós, Mela Casal, Roberto Porto

12,20€

Pradolongo é a historia de tres amigos da infancia que ven como a súa amizade se deteriora a raíz das diferenzas de clase e dos conflitos amorosos que xorden nas súas vidas. Raquel, Martiño e Armando son tres amigos que acaban de cumprir a maioría de idade. O verán preséntase como todos os demais, con festas ou tardes no río, pero esta vez nada vai ser igual. O amor que os dous rapaces comezan a sentir por Raquel e a posible venda de Pradolongo (un prado de alta montaña pertencente á familia de Martiño) á empresa do pai de Armando, obrígaos a reconsiderar os soños e vencellos que os mantiveron unidos dende a infancia.