Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Os mortos van á présa

Dispoñibilidade: Suxeito a dispoñibilidade

Ano: 2008
Formato: DVD
Idioma do audio: Castelán, Galego
Idioma dos subtítulos: Inglés
Características: Duración 100 min Extras: Así se fixo | Entrevistas
Código de barras: 8437008642390

Os mortos van á présa

Ángel de la Cruz

Produtora: Artemática
Actores: Xosé Manuel Oliveira “Pico”, Manuel Manquiña, Chete Lera, Neus Asensi, Antonio Durán "Morris"

10,12€

Unha historia de percebes

Comedia coral e costumista con toques máxicos protagonizada por tres parellas de xeracións diferentes con relacións encontradas. 

Irene, unha camioneira dunha empresa maiorista, chega á pequena vila mariñeira de Fariño do Mar coa intención de mercar marisco. Por desgraza o seu camión queda atascado no interior do pobo entre un monumento surrealista e a porta do cemiterio, xusto o día no que os fariñenses ían dar o seu derradeiro adeus a Cándido, vello mariñeiro e artista local do pobo, autor da escultura, ademais de pai de Filomeno, presidente da confraría de mariscadores de Fariño.
O acontecemento impide celebrar as honras fúnebres e o féretro co corpo de Cándido é trasladado de novo á súa casa onde volverá ser velado indefinidamente ata que se solucione o problema.

Palmarés: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) foi a produción máis galardonada, como mellor longametraxe e noutras oito categorías: Dirección de produción, dirección de fotografía, maquillaxe e perruquería, deseño de vestiario, son, interpretacións masculinas protagonista e mais de reparto, e feminina de reparto.