Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Mar Adentro

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2004
Formato: DVD
Idioma do audio: Castelán, Galego
Características: Duración: 125 min
Código de barras: 8437008642017
Ref.: IB0001

Mar Adentro

Alejandro Amenábar

Produtora: IB Cinema
Colección: Gallaecia Cinema
Actores: Celso Bugallo, Tamar Novas, Javier Bardem, Mabel Rivera

9,11€

Ramón leva case trinta anos postrado nunha cama ao coidado da súa familia. A súa única xanela ao mundo é a do seu cuarto, xunto ao mar polo que tanto viaxou e onde sufriu o terríbel accidente que lle truncou a vida. Película baseada na historia real do tetrapléxico galego Ramón Sampedro, que loitou durante anos polo dereito á eutanasia. Os diálogos que os protagonistas manteñen en galego foron respectados no percorrido internacional do filme.

Palmarés: O filme recibiu o León de Plata (premio do xurado) e Javier Bardem a Copa Volpi (premio ao mellor actor) no Festival de Venecia (2004). Globo de Ouro á mellor película de fala non inglesa (2005). Nos premios Europa A.Amenábar foi o mellor director e J.Bardem o mellor actor. Nos premios Sant Jordi, concedidos por RNE en Cataluña, foi considerada a mellor película, J.Bardem o mellor actor e Mabel Rivera a mellor actriz. Candidata aos Óscar de Hollywood como mellor película de fala non inglesa e na categoría de mellor maquillaxe e perruquería (de cuxo equipo fai parte a galega Mara Collazo). Foi a gran vencedora dos XIV premios Goya do cine español, con catorce galardóns entre os que se contaron catro para profesionais galegos (T.Novas, C.Bugallo, M.Rivera, M.Collazo) e o de mellor filme. Candidata ao Óscar de Hollywood á mellor maquillaxe. Óscar á mellor película de fala non inglesa.