Dispoñibilidade: 10-15 días
Ano: 2011
Formato: CD+DVD
Idioma do audio: Castelán, Galego
Idioma dos subtítulos: Castelán, Galego
Código de barras: 804071008329
Crebinsky
Produtora: Fol Música
Actores: Celso Bugallo, Luis Tosar, Miguel de Lira, Banda Crebinsky, Sergio Zearreta
DVD con película + CD con BSO
As choivas torrenciais provocan a enchente do río, que inunda un pobo. A corrente arrastra ós irmáns Crebinsky e a súa vaca, que aparecen milagrosamente vivos nun lugar da costa. Crecen alí, ao pé dun faro, a base de sobrevivir recollendo cousas que trae o mar, as crebas.
Illados dos acontecementos bélicos que lles rodean, crean o seu propio mundo: Un universo particular de realismo fantasioso. O ritmo cotiá de convivencia coa súa vaca Muchka, vese alterado cando esta desaparece.
É entón cando os irmáns inician unha busca desesperada que os levará da costa cara ó interior.
Unha road movie auténtica, unha viaxe interior de encontros inesperados, sentimentos ocultos e recordos borrados. Sen saber onde van, rematan descubrindo de onde veñen.
A música
A Banda Crebinsky defínese como unha “pequena orquestra popular xurdida dun universo imaxinario”. Na Banda Crebinsky conflúen músicos chegados do folk, o jazz, o rock e a música clásica ou experimental. Así, estes músicos acaban compoñendo un crisol variado de sons, adubados con letras en galego, ruso, castelán, francés e italiano.





