Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de 18 comidas

Dispoñibilidade: 10-15 días

Ano: 2011
Formato: DVD
Idioma do audio: Castelán, Galego

18 comidas

Jorge Coira

Produtora: Tic Tac Producciones
Actores: Luis Tosar

14,95€

A estrea en cines foi todo un éxito e a película superou as quince semanas en carteleira, sendo como é un proxecto arriscado, de baixo orzamento, e totalmente fora do esquema comercial. Se non puideche asistir a un pase en sala, ou non chegou á túa vila, un ano despois a película está dispoñible en DVD e inclúe máis dunha hora de material extra: Imaxes inéditas, making off e sorpresas varias. Xa non tes desculpa para non ver 18 Comidas.
 

 

Ingredientes:

 1 músico de rúa que hai tempo perdeu a súa oportunidade para ser feliz.
 1 muller casada e cun fillo, que aínda soña co músico de rúa.
 1 macedonio perdido en Santiago de Compostela.
 2 amigos que non durmiron e que queren seguir borrachos o que queda de día.
 1 home que espera o seu amor.
 2 homes que se queren.
 1 home que non sabe que o seu irmán quere a outro home.
 1 convidada á comida equivocada.
 1 rapaza que quere máis do que recibe.
 1 home que non pode dar todo o que esa rapaza lle pide.
 1 mozo-no día do seu aniversario- que morrería por que llo pedise a el.
 2 irmás incomodadas porque unha delas quere ser cantante.
 1 pai e 1 fillo que buscan cantante para a súa orquesta.
 2 velliños que comen xuntos e en silencio.

Elaboración:
Macéranse os personaxes durante unha xornada, removendo ben para que as súas historias liguen ata formar unha
masa consistente e esponxosa.
Sazonar xenerosamente cunha mestura de drama e comedia, dándolle liberdade ós ingredientes para impregnarse do
sabor dos outros.
Meter no forno e esperar que se cociñen a fogo lento eses anacos de vidas que non son nosas pero poderían selo.
Aliñar a gusto con risas e bágoas e , finalmente, sírvese nunha boa mesa, para que, quen o desexe, poida degustar,
durante algo máis de hora e media, estas 18 comidas.

Bo proveito.