Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Pensando en Soledad

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2006
Formato: DVD
Idioma do audio: Castelán, Galego
Características: Duración 50 min Extras: Curta "J.E.D.N." | Filmografía
Código de barras: 8437008642222
Ref.: IB0022

Pensando en Soledad

Marcos Nine

Produtora: IB Cinema
Colección: Galicia de Cine
Actores: José Ernesto Díaz-Noriega

9,11€

A historia de José Ernesto Díaz-Nogueira, o pai do cine galego

José Ernesto Díaz Noriega foi o pai do cine amateur en Galicia, mestre de cineastas como Xavier Villaverde, Carlos Amil, M. Castelo ou A. Simón, entrevistados todos, xunto coa familia do director, neste repaso da súa vida e obra.  A edición DVD contén, á parte de extras inéditos, obras de Díaz Noriega como a premiada “Cine Amateur” (1965), “El Festival” (1967) e “Os Suevos” (1974), todas restauradas dixitalmente a partir de orixinais cinematográficos conservados na Filmoteca Nacional.

Palmarés: Premio ao mellor director, para Marcos Nine, no 11º Festival Internacional de Cine Independente de Ourense (2006).