Dispoñibilidade: 5-7 días
Ano: 2007
Idioma do audio: Galego
Idioma dos subtítulos: Galego
Características: Libro+DVD
Lembranzas e reflexións de Isaac Díaz Pardo
Produtora: Acuarela Comunicación
Actores: Isaac Díaz Pardo
Isaac Díaz Pardo é fillo do debuxante mártir Camilo Díaz Baliño. Trala morte do seu pai é obrigado polas circunstancias a agacharse durante un tempo para salvar a súa vida e finalmente trasládase a Madrid, onde se formou nas artes plásticas.
En 1948 abandoa a súa adicación ás artes plásticas e comeza a súa formidable e inigualable obra de promotor empresarial e cultural de múltiples iniciativas artísticas, culturais e políticas que o convirten ao día de hoxe nun home excepcional da historia de Galicia.





