Jump to: Menu | Corpo | Pe

Imaxe de Canto de permanencia

Dispoñibilidade: Inmediata

Ano: 2010
Formato: DVD
Idioma do audio: Galego
Código de barras: 9788489679863
Ref.: C882-2010

Canto de permanencia

Carlos Seijo

Produtora: AS-PG, Pixel Films

9,95€

Achega en imaxes e sons á obra do poeta do Courel.

Canto de permanencia é un documental creativo e obra experimental sobre unha selección de poemas dos libros Poemas caligráficos, Os eidos, Do Courel a Compostela, Poemas de doada certeza e Arrodeos e desvíos do camiño de Santiago e outras rotas. O documental combina os textos con imaxes do Courel, simbólicas na poesía de Uxío Novoneyra, e outras recreadas en estudio.

O guión pretende construír unha liña argumental na que o devir do tempo se referencia no paso das catro estacións, precedidas dunha obertura que nos sitúa no Courel, e seguidas dun epílogo de poesía máis intimista e de carácter atemporal.

O final do documental Canto de permanencia é o auto-recitado de Letanía de Galicia na voz do propio autor en abril de 1999.

Baixo o mesmo título inclúese A certeza de sermos. Son poemas recitados polo propio Novoneyra e até agora non divulgados, procedentes dos fondos documentais da AS-PG (un recital de 1988) e un cedido polo CIFP Ánxel Casal da Coruña datado de 1993. O guión intercala fragmentos de discursos de Novoneyra, coa voz en off de Fernando Morán, co recitado dos poemas na voz do poeta. O común de textos e poemas é o seu carácter marcadamente social.

O DVD de Canto de permanencia contén tamén, como material extra, un recitado de versos de Manuel María, Méndez Ferrín, Mª Xosé Quizán, Bernardino Graña e García Bodaño dedicados a Uxío Novoneyra no acto de homenaxe celebrado no Teatro Principal de Santiago en 1999. Conta ademáis con imaxes da rodaxe e a storyboard.