Dispoñibilidade: Inmediata
Ano: 2007
Formato: DVD
Idioma do audio: Galego
Características: Duración 65 min
Código de barras: 8437008642031
Ref.: IB0003
As Encrobas, a ceo aberto
Produtora: IB Cinema
Neste documental abordamos un conflicto que nos anos setenta traspasou as fronteiras galegas e mesmo estatais. Xornais e televisión de Europa e América recollían os enfrontamentos entre labregas e labregos, armados con paus e paraugas, fronte a gardas civís que, armados con mosquetóns, defendían os intereses de Union Fenosa en plena decadencia do dictador Franco.
Únicamente coa imaxe e a palabra das persoas que foron protagonistas, lembramos unha loita na que mulleres e homes se enfrontaron ao poder do capitalismo coa axuda dunha sociedade que buscaba liberdade despois da dictadura franquista.





